A Porteliña
Actividades para a animación á lectura dos equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística do CEIP de Pazos de Reis
VIII TUI LE
Maio 15th, 2017 by Biblioteca Pazos de Reis in Sen clasificar Comentarios desactivados en VIII TUI LE

 

O 12 de Maio volvémonos xuntar os colexios de Tui para a VIII edición de TUI LE. Este ano adicouse a Carlos Casares e a Gloria Fuertes con intercambio de libros e actuacións a cargo do alumnado dos centros participantes.

TEATRO NA ESCOLA
Maio 15th, 2017 by Biblioteca Pazos de Reis in Sen clasificar Comentarios desactivados en TEATRO NA ESCOLA

A mediados de abril toda a escola asistiu a diferentes representacións teatrais que se realizaron durante a Hora de Ler.

Adaptáronse contos e obras de teatro que o alumnado estivo preparando durante parte do primeiro e segundo trimestre.

O teatro é un proxecto importante dentro do colexio porque favorece habilidades e competencias de diferentes ámbitos. Ademáis de todas as habilidades relacionadas coa comprensión e expresión oral, tamén están presentes a expresión corporal, a expresión artística e o desenvolvemento relacional dentro do grupo.

Foron tres sesións donde todos puidemos compartir nervios, entusiasmo, alegría….

 

 

 

 

 

Miguel A. Alonso
Maio 12th, 2017 by Biblioteca Pazos de Reis in Sen clasificar Comentarios desactivados en Miguel A. Alonso

Este espectáculo de luz e sombras ofreceunolo a finais de marzo Miguel Alonso despois da sesión de contacontos.

Precioso!

Chuza na foto, veredes máis…

 

 

 

Cantando con Susa Herrera
Maio 10th, 2017 by Biblioteca Pazos de Reis in Sen clasificar Comentarios desactivados en Cantando con Susa Herrera

No mes de febreiro Susa Herrera asistiu como relatora a un curso de formación na nosa escola. Ademais, quixo compartir as súas cancións con todo o alumnado. Ese é o momento que aparece nestas fotografías.

Agradecidos por dispoñer do seu tempo para nós e de que pasaramos uns momentos divertidos todos xuntos.

Letras Galegas: Carlos Casares
Abril 4th, 2017 by Biblioteca Pazos de Reis in Sen clasificar Comentarios desactivados en Letras Galegas: Carlos Casares

Ligazón a Real Academia Galega con Unidades Didácticas e outros recursos sobre Carlos Casares para traballar nas aulas.

 

Outra ligazón con recursos didácticos

para todos os niveis do Seminario Galán

Encontros de Bibliotecas Escolares
Abril 4th, 2017 by Biblioteca Pazos de Reis in Sen clasificar Comentarios desactivados en Encontros de Bibliotecas Escolares

Nos Encontros deste ano, en Santiago, a nosa compañeira, Rita, relatou o desenvolvemento do proxecto sobre Radio Escolar que coordina dende hai varios anos. Transmitido na Radio Municipal de Tui cada xoves as 11,30h, tamén participan outros colexios da contorna como: Ceip nº 2, Ceip de Sobrada, Ceip de Chancelas, Ceip Vicente Risco, Ceip de Meis.

Un proxecto que queremos compartir con todos!Preme na imaxe!!!

 

 

 

 

Mes da ciencia
Xaneiro 18th, 2017 by Biblioteca Pazos de Reis in Proxectos de Centro Comentarios desactivados en Mes da ciencia

Como en cursos anteriores, durante o primeiro trimestre todo o alumnado realizou investigacións sobre un tema común. Este curso o cambio climático foi o protagonista. A idea xurdiu cando soubemos que Chus Lago estaba preparando unha expedición a Groenlandia. O motivo desta expedición é chamar a atención sobre as causas que están producindo o quecemento ambios no noso planeta e que lle afectan tan directamente ao xeo dos polos.

Arredor deste tema xurdiron outras ideas, algunhas moi relacionadas, outras menos relacionadas, experimentos,…

En calquera caso, todo isto rematou cando @s alumn@s de cada clase realizaron unha  exposición oral acompañada dunha presentación de diapositivas onde se recollía o resultado das investigacións.

 

A clase de 1º de Primaria realizou unha exposición moi interesante sobre OS ESQUIMÓS

DÍA DA BIBLIOTECA
Decembro 1st, 2016 by Biblioteca Pazos de Reis in Sen clasificar Comentarios desactivados en DÍA DA BIBLIOTECA

Celebramos o Día das Bibliotecas recordando a Roald Dahl no seu centenario.

O alumnado participou de diversas formas, algúns facendo un resumo da súa biografía e lembrando as obras máis lidas deste autor, outros fixeron de contacontos coa obra ” O soño de Esther”.

 

25 de Novembro: non á violencia
Novembro 25th, 2016 by Biblioteca Pazos de Reis in Sen clasificar Comentarios desactivados en 25 de Novembro: non á violencia

VIDEOS EDUCATIVOS PARA REALIZAR ACTIVIDADES SOBRE ESTE TEMA NAS AULAS.

 

NOVEMBRO: CIENCIA EN GALEGO
Outubro 23rd, 2016 by Biblioteca Pazos de Reis in Proxectos de Centro Comentarios desactivados en NOVEMBRO: CIENCIA EN GALEGO

Imprimir